Obradoiro para a búsqueda de socios/as

Continuando co proceso xa iniciado do ORZAMENTO PARTICIPATIVO TRANSFRONTEIRIZO 2018, incluido na “AXENDA ESTRATÉXICA PARA A COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA AMIZADE TOMIÑO-CERVEIRA” proxecto cofinanciado polo Programa Interreg V A,

 

CONVÍDAMOSTE

 

a participar nun Obradoiro para a búsqueda de socios/as e establecemento de alianzas para a creación de proxectos conxuntos, que terá lugar o vindeiro mércores 13 de setembro na Casa de Cultura de Tomiño, en horario de 18h00 a 19h30. Os proxectos máis votados serán subvencionados cunha cantidade aproximada de 5.000€ para a súa posterior execución. Enviamos unha ficha en anexo por se podedes traela cuberta

 

Agradecemos a confirmación de asistencia ata o día 12 ás 14h enviando un correo electrónico a elisabet.desantiago@tomino.gal

 

Descargar ficha



Proxecto: “Axenda Estratéxica de Cooperación Trasfronteiriza Cerveira-Tomiño”

cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.