Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira Tomiño

Axenda Estratéxica Amizade Cerveira-Tomiño

 

Tendo o río Miño como eixo de conexión da identidade territorial, Vila Nova de Cerveira (alto Miño) e Tomiño (Galiza) están a elaborar un conxunto de proxectos comúns a partir do recoñecemento de elementos identificativos de cada concello, para unha futura e sostida implementación no contexto transfronterizo.

 

Ante a existencia de vectores transversais e a vontade expresa de afondar nas relacións bilaterais, a Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño 2014-2020 está sendo desenvolvida desde a sinatura da Carta da Amizade en xuño de 2014, a través dun amplo proceso de diagnose, que inclúen a diversas entidades portuguesas e galegas, e fomenta a participación das poboacións.

Como se desenvolveu o proceso do OPT?

 

O OPT é o resultado dun intenso traballo desenvolvido ao longo de 2016 a través da constitución de tres grupos de traballo correspondentes ás áreas de intervención en Educación, Cultura e Acción Social.

 

Unhas 40 entidades dos dous lados da fronteira mantiveron reunións permanentes alternativamente nos dous concellos (19 de abril, 03 e 19 de maio; 05, 06 e 07 de xullo, e 18, 19 e 20 de outubro), onde debateron dificultades, presentaron ideas e atoparon posibles sinerxías.

 

Tras a posta en común e definición de puntos converxentes, os gobernos municipais de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño puxeron en marcha os recursos técnicos e financeiros necesarios para o desenvolvemento das actividades sinaladas polos respectivos grupos, sendo constituídas como propostas que son agora publicadas e sometidas á discusión e selección por parte dos cidadáns.

Quen e como pode votar?

 

Poden votar os cerveirenses e tomiñeses, con idade igual ou superior a 18 anos e que sexan votantes nos seus concellos.

 

Para que o proceso transcorra con toda normalidade e transparencia, os dous concellos desenvolveron unha plataforma de votación segura. Os interesados deberán efectuar a súa votación facilitando os datos obrigatorios. A validación será efectuada por un equipo formado por técnicos das dúas entidades, para posteriormente validar os votos efectuados.

 

Pódese votar una opción por cada área.

Qué é o OPT?

 

O Orzamento Participativo Transfronteirizo é unha iniciativa de participación cidadán de carácter  innovador, lanzada conxuntamente polo Concello de Tomiño e mais a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, para que os cidadáns de ambos concellos participen na elección  dos programas  conxuntos que ambos concellos levarán a cabo no ano 2017 nas áreas de Cultura, Educación e Acción Social.

 

Os cidadáns con dereito a voto de Tomiño e de Vila Nova de Cerveira poden escoller mediante votación telemática un proxecto en cada área das mencionadas, dos dous que son presentados á elexer.

 

Os proxectos nacen das ideas e propostas xurdidas no seo  dos Grupos de Traballo Sectorial, que compostos por entidades e cívicas  e sociais dos dous concellos e que foron creados para o desenrolo dos obxectivos e das accións da Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza.

 

E así xorde o Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) Cerveira-Tomiño 2017, un proxecto pioneiro na Eurorrexión Norte de Portugal / Galicia, que ten como obxectivo involucrar aos cidadáns dos dous concellos veciños na formulación de solucións para necesidades comúns.

Propostas a votación

 

Ante un orzamento global de 20.000 euros, hai seis propostas a votación distribuídas en tres áreas prioritarias. Serán executadas as tres máis votadas, unha por cada área:

 

Educación

  • Semana da Comunidade Educativa Cerveira-Tomiño 2017
  • 1º Campus Deportivo e Educativo Cerveira-Tomiño

 

Cultura

  • Festa Amizade Cerveira-Tomiño
  • Encontro de Creatividade Cultural e música do Miño

 

Acción Social

  • Programa de Voluntariado de Apoio á inclusión social infantil e xuvenil
  • Accesibilidade Sen Fronteiras: Programa transfronteirizo para a información, apoio e visibilidade das problemáticas de accesibilidade
logo-amizade
logo-cerveira
logo-tomino-novo

Proxecto: "Axenda Estratéxica de Cooperación Trasfronteiriza Cerveira-Tomiño"

cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.