Primeiro Obradoiro informativo do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2018

Primeiro Obradoiro informativo do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2018

O martes 11 de xullo a Camara de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño organizaron o primeiro obradoiro e sesión de traballo da Fase de Divulgación do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2018. Esta presentación contou coa presenza de Maria Aurora Amorim Viães, Vereadora de Cerveira, e Cristina Martinez, Concelleira de Cultura e Servizos Sociais do Concello de Tomiño. Acudiron persoas e representantes de entidades de ambos lados do río interesados en promover accións de cara á esta nova edición do Orzamento Transfronteirizo. As técnicas do concello e da cámara explicaron ás persoas asistentes o funcionamento e normativa para a presente edición, e resolveron as dúbidas que se plantexaron.

Tras a presentación inicial, se realizou unha pequena presentación da plataforma web a través da cal se porán en funcionamento todas e cada unha das fases do OPT, dende a divulgación inicial, búsqueda de socios ou partilleiros, ou recollida e presentación de propostas, até a votación pública. A web está accesible na URL participacerveiratomino.eu

Ao finalizar, as persoas asistentes tiveron tempo de presentarse, falar entre elas e intercambiar intereses, información, contactos, etc. como medio de impulsar a promoción de proxectos ao abeiro desta segunda edición do OPT Cerveira – Tomiño e que ven a consolidar o programa, que acadou un gran éxito na súa primeira edición.

O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira Tomiño forma parte do Proxecto “Axenda Estratéxica de Cooperación Trasfronteiriza Cerveira-Tomiño” que conta cun 75% de financiación de fondos FEDER da UE a través da convocatoria INTERREG VA POCTEP.

Fonte: Concello de Tomiño

 



logo-amizade
logo-cerveira
logo-tomino-novo

Proxecto: "Axenda Estratéxica de Cooperación Trasfronteiriza Cerveira-Tomiño"

cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.