Votación 2020

Le as propostas

Le os detalles das propostas que atoparás a continuación para decidir cales che gustan máis.

Elixe as que queiras que se fagan realidade

Selecciona dúas propostas en función das túas preferencias, gustos, intereses… As dúas máis votadas serán as que se levarán a cabo.

Enche os campos cos teus datos

Facilita os datos requeridos no formulario de votación, co fin de que podamos validar o teu voto.

Xa rematamos… Envía o teu voto

Xa está. Preme “Enviar”. Un equipo técnico revisará se os teus datos cumpren cos requisitos de participación (ser maior de idade e estar empadroado en Tomiño ou Vilanova de Cerveira) e validarán o teu voto.

Información das Propostas

Unha pinga de vida

Impulsores

– Coxapo

– Associaçao Amigos dos Espaços Naturais de Reboreda.

 

Descrición

Unha pinga de vida. A Associação Amigos dos Espaços Naturais de Reboreda xunto a asociación de traídas de auga- Coxapo pretende dar a coñecer e valorizar o patrimonio inmaterial relacionado coa auga. Co cambio climático afectando ao noso territorio, é necesario fomentar a práctica de boas acción relacionadas co medioambiente e sostenibilidad dende moi pequenos. Por elo nosas acción van enfocados a poboación máis xoven.

 

Obxectivos

Unha pinga de vida. A Associação Amigos dos Espaços Naturais de Reboreda (a.e.n.r.) xunto a asociación de traídas de auga- Coxapo pretende dar a coñecer e valorizar o patrimonio inmaterial relacionado coa auga. Co cambio climático afectando ao noso territorio, é necesario fomentar a práctica de boas acción relacionadas co medioambiente e sostenibilidad dende moi pequenos. Por elo nosas acción van enfocados a poboación máis xoven.

 

Accións

– Creación/adaptación de unha guía da agua para sensibilizar aos nenos do uso da agua.

– Visitas guiadas aos diferentes tipos de abastecemento entre Tomiño e Cerveira.

– Creación dun envase reutilizable para que os nenos o utilicen no día a día e axuden a contribuir coa disminución de plásticos.

– Talleres de carácter didáctico-lúdico-medioambientales para a poboación infantil.

 

Datas

– Actividades desenvolvidas entre os meses de Abril e Xuño de 2020

Intercambio interxeracional

Impulsores

– Santa Casa da Misericordia de Vila Nova de Cerveira e o seu xardín de infancia.

– Escola Infantil Mi primer paso.

 

Descrición

Incrementar a participación social e o desenrolo comunitario a través dun programa e accións interxeneracionais dirixidas os residentes, familiares e comunidade educativa para favorecer a súa propia promoción e as posibilidades de participar tanto na mobilización de recursos comunitarios como nas estratexias para estimular a súa implicación.
Este proxecto xurde tras detectar a necesidade de avanzar na participación social das persoas maiores que viven en Residencias ou acoden a centros de día. É un gran reto que con frecuencia queda nunha mera declaración de intención o ser un camiño repleto de dificultades.
O programa interxeneracional a implantar divídese a vez en dous proxectos concretos, por un lado encontramos o “proxecto de intercambio cultural” e por outro lado, o “proxecto de bilingüismo”. O primeiro brinda a posibilidade de intercambiar experiencias, anécdotas e coñecementos entre maiores e nenos. O segundo ofrece coñecer un idioma diferente, compartir e fomentar a aprendizaxe doutra lingua.

 

Obxectivos

– Promover a interrelación entre nenas, nenos e maiores institucionalizados e propiciar novas posibilidades educativas, preventivas e terapéuticas mediante métodos flexibles e creativos.

– Fomentar o desenvolvemento persoal, socio-familiar e cultural dos participantes co fin de promover a súa autonomía e maior benestar social, consolidando o seu papel como membros activos da sociedade.

– Aproximar os membros de ambas xeracións para que, convivan nun entorno duns e outros e compartan actividades que lles axuden a coñecerse e polo tanto superar estereotipos.

 

Accións

Deseñarase cada sesión atendendo a os obxectivos marcados e habilidades a traballar con cada participante. Incorporaranse coñecementos e métodos de diversas disciplinas para realizar un programa de intervención global, con toda a información completa e detallada das características dos maiores e dos máis pequenos, fixados que aspectos se deben traballar con cada colectivo a nivel global e individual.
Fixaranse actividades por unha duración de 120 minutos, adaptándose os horarios dos centros, tanto nas súas rutinas diarios de horarios de comidas, aseos e descanso, como outro tipo de actividades que de desenvolvan.
Mediante unha ATENCIÓN INTEGRAL, traballando:

– A creatividade e a imaxinación.

– A psicomotricidade.

– As capacidades sensorias

– Aspectos expresivos e emocionais.

– A afectividade.

– A coeducación

 

Como?

– Traballando dende a igualdade de condicións e de oportunidades para todas as persoas participantes
– Dando máis valor o proceso en si mesmo do que o produto final sen perder de vista os obxectivos.
– Considerando a todo o grupo como protagonista da intervención, pero atendendo as necesidades individuais.
– Utilizando o xogo como ferramenta fundamental.
– Facilitando a aprendizaxe mutua entre todas as persoas.
•Desenvolvendo unha metodoloxía de traballo vangardista.

 

Datas

– Dende xaneiro a xuño.

 

Máis información sobre a proposta

Vídeo explicativo da actividade

Máis información

Pensar o corpo, mover a mente

Impulsores

– Clube de Fitness de Cerveira (Associação sem fins lucrativos).
– Asociación Sociocultural Senraia.

 

Descrición

O proxecto PENSAR O CORPO. MOVER A MENTE-CONVENCIÓN IBÉRICA resulta dunha colaboración entre o Citius Fit e a Asociación Sociocultural Senraia. Destínase a todas as idades e busca a dinamización deportiva, recreativa e sociocultural do municipio de Vila Nova de Cerveira e do municipio de Tomiño.
Ten como obxectivo xeraL aproveitar as excelentes condicións deportivas e naturais de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño e, simultáneamente, incentivar á poboación para practicar deporte, valorizando a saúde física e mental, xerando interese na participación de actividades de interese artístico e cultural, fomentando os costumes e os valores locais, a cidadanía, a relación coas actividades culturais e artísticas como forma de mellorar a calidade de vida da poboación, independentemente da situación social e económica.
Este programa servirá como referente para quen pretenda practicar regularmente actividade física de forma agradable, podendo ao mesmo tempo ser un momento formativo importante no que concerne á saúde global (corpo e mente).

 

Obxectivos

– Programar unha fin de semana de actividades deportivas, artísticas e de lecer, dirixidas a facilitar a sociabilización entre os concellos de Cerveira e Tomiño, que sirva no futuro como punto de partida para sucesivas formas de colaboración.
– Promover a participación de todas as persoas que o desexen nas distintas formas de actividade, como workshops, masterclass, para nenos/as e en simultáneo para os/as adultos/as, favorecendo así a conciliación da vida persoal e familiar e facilitar o acceso das persoas maiores a experiencias saudables e creativas.
– Fomentar a valorización Eurocidade Tomiño-Cerveira e da contorna, para que sexan coñecidos máos alá do seu ámbito xeográfico concreto, promovendo así a súa difusión.
– Todas as actividades levaranse a cabo en espazos habilitados en ambos concellos, de xeito que se procure o acceso a elas polas persoas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, continuando coa colaboración xa iniciada os últimos tempos e aproveitando as instalacións existentes que mellor se adapten a cada actividade.

 

Accións

Estratexias de intervención:
Fin de semana, a determinar, no segundo trimestre de 2020, aproveitando os espazos naturais.

 

1º Día

SÁBADO MAÑÁ
Público obxectivo: nenos/as, mozos/as e adultos/as.
– Workshop e masterclass BODY MIND (yoga reeducación postural, meditación, tai-chi, pilates, balancee, low pressure fitness, entre outros).

 

SÁBADO MEDIODÍA:
Público obxectivo: nenos/as, mozos/as e adultos/as.
– Mesa redonda sobre Nutrición saudábel, nutrición deportiva e obesidade infantil.
– Workshop sobre alimentación saudábel.
– Workshop sobre nutrición e alimentación deportiva.
– Xantar conxunto (fomentando os produtos locais e de tempada como fórmula de mellorar a calidade de vida da poboación, tendo en conta a riqueza natural da contorna.
– Actuación musical.

 

SÁBADO TARDE:
Público obxectivo: nenos/as, mozos/as, adultos/as e persoas maiores.
– Mesa redonda sobre Nutrición saudable, nutrición deportiva; obesidade infantil.
– Workshop de Dance Contact Improvisación para adultos/as (a danza como ferramenta de coñecemento do propio corpo e diálogo en movemento).
– Workshop Full Dance para adultos (combinación de disciplinas como karate, boxeo, Tae Kwon Do, Muay Thai, coreografias con música moderna).
– Workshop de danzas urbanas para nenos e nenas e adolescentes.

 

SÁBADO NOITE:
Público obxectivo: nenos/as, mozos/as, adultos/as e persoas maiores.
– Xantar de convivencia.
– Concerto con actuacións musicais e danza.

 

2º Día

DOMIGO MAÑÁ
Público obxectivo: nenos/as, mozos/as, adultos/as e persoas maiores.
– Workshop DEPORTE E SAÚDE para grupos específicos: mesas redondas, actividade física na terceira idade, actividade física para embarazadas, entre outros.
– Mesa redonda sobre alimentación alternativa: a macrobiótica como filosofía de vida.
– Workshop práctico para adultos.
– Masterclass de Danza e deporte para nenos/as.

 

DOMINGO TARDE:
Público obxectivo: nenos/as, mozos/as, adultos/as e persoas maiores.
– Mesa redonda sobre O QUE NOS UNE E O QUE OS SEPARA. Conversa sobre o tema transfronteiriza Galiza-Portugal.
– Proxección dun filme documental.
– Workshop de teatro/música para nenos e nenas.

 

DOMINGO NOITE:
Público obxectivo: nenos/as, mozos/as, adultos/as e persoas maiores.
– Danza contemporánea entre as “dúas beiras”: espectáculo final na PONTE INTERNACIONAL.

 

Inscricións

1. Os participantes deberán inscribir aos seus equipos ata o día designado, xunto á dirección do Citius Fit por mail en citiusfit@gmail.com e info@senraia.org ou chamando aos teléfonos
00351 93 640 0135 e 0034 626 200 926.
2. Na inscrición debe constar: o nome dos participantes, data de nacemento, número de Cartão
Cidadão ou de DNI de cada persoa participante e o contacto. Poderán resolver dúbidas a través dos e-mails e contactos telefónicos facilitados.
3. Os equipos constituídos por menores (menores de 18 anos) deben traer o día da iniciativa o descargo de responsabilidade enchido e asinado polos pais de cada participante (poderá descargarse a partir do evento no Facebook e a través doutros canais de divulgación ou solicitándoo por e-mail).
4. As persoas participantes deben traer roupa e calzado cómodos, toalla de man e algunha fonte de hidratación para os workshops práctivos.
5. Todo o exposto, sen prexuízo e independentemente do cumprimento de todos os requisitos legais por parte da organización.

 

Datas

Segundo trimestre 2020

 

Máis información sobre a proposta

Máis información

Experiencies4all

Impulsores

– Patrick Alves Esteves.
– Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade.

 

Obxectivos

Unificar as potencialidades dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, reforzando o concepto de Eurocidade con ofertas artelladas nas diferentes áreas do patrimonio, turismo, cultura e lecer, aumentando a conciencia de inclusión social.
Neste sentido, fornecer un conxunto de sensacións a cada persoa, adaptando simultaneamente cada experiencia ao perfil e/ou limitación da persoa visitante.
Reforzar o intercambio de coñecemento de ambos concellos aos seus habitantes naturais e residentes, tamén nunha perspectiva de inclusión e mestizaxe.

 

Accións

Deseñar un conxunto de varias experiencias temáticas onde cada utilizador “experimente” no mesmo día ou fin de semana, unha gama de ofertas en amos lados do Río Miño destinado a que os habitantes de ambos concellos, da rexión ou dos e das turistas, esperando que no final esperte a vontade para as experiencias alternativas, un motivo de refreso e de compartimento con outros potenciais visitantes. A oferta deberá ser diversificada e orientada a un roteiro para diferentes segmentos, “cultura, patrimonio, deporte e lecer”.
Cada roteiro terá de dúas a catro actividades guiadas e/ou orientadas planificadas cun compoñente de equilibrio. Por exemplo, no periodo de mañá poderá haber unha actividade de entretemento, o xantar poderá ser unha experiencia gastronómica e cultural no período de tarde, atravesando polo menos unha vez o río Miño.
Con esta segmentación preténdese prolongar a oferta de actividades mantendo a transversalidade nas áreas ofertadas en cada roteiro, sen esquecer nunca as máis condicionadas en termos de mobilidade e limitacións no desenvolvemento das experiencias.

 

Datas

De 3 a 4 fins de semana de abril e maio de 2020 (datas a determinar).

 

Máis información sobre a proposta

Vídeo da actividade

As Rotas Minho/ Roteiros Miño

Impulsores

– Clube Celtas do Minho
– Carlos Xabier Oliveira Ortega

 

Descrición

As Rotas Minho/Roteiros Miño é o nome dado ao proxecto elaborado de forma conxunta entre a asociación sen fins lucrativos Clube Celtas do Minho, no concello de Vila Nova de Cerveira, e Carlos Xabier Oliveira Ortega do concello de Tomiño, unha forma de unir dous territorios e dous países ao mesmo tempo.
O noso obxectivo principal é dar a coñecer camiñando por entre os dous territorios a nivel paixasístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. Este objetivo tradúcese noutros obxectivos secundarios, aínda que non menos importantes, que é fomentar os hábitos saudables de camñar, mellorar a condición física da poboación local e de persoas participantes achegadas, diminuír o estrés e a ansiedade asociado á vida activa e, por último, promover accións de sensibilización ambiental e patrimonio, entre outras.

 

Obxectivos

– Camiñar na natureza mellora a saúde mental e emocional, diminuíndo o estrés.
– Camiñar aumenta a concentración e mellora a creatividade en máis do 50% das persoas.
– Interactuar coa natureza na forma de camiñar fai que o cerebro descanse do exceso de estímulo ao que estamos sometidos todos os días.
– Os sons e aromas liberados na natureza tradúcense nun impacto moi positivo no noso benestar xeral.
– Camiñar na natureza fortalece o noso sistema inmunolóxico, provocando un aumento da produción de glóbulos brancos.
– Fortalece todos os músculos.
– Activa a circulación sanguínea.
– Camiñar prevé doenzas como a diabetes, a obesidade mórbida, doenzas cardíacas e tamén prevé a asma e a demencia.
– Mellora e aumenta a autoconfianza.
– Camiñar en días de sol aumenta o nivel de vitamina D no organismo.
– Os estudos comproban que persoas que camiñan na natureza son máis produtivas profesionalmente.

 

Accións

Accións a realizar:

– Andaina.
– Andainas interpretativas.
– Conversas na natureza.
– Accións de reforestación no ámbito da andaina.

 

Datas

Data de realización: 25 de xaneiro de 2020
Nome da ruta: Roteiro das Fontes

 

Data de realización: 23 de febreiro de 2020
Nome da ruta: Trilho da Carranca

 

Data de realización: 21 de marzo de 2020
Nome da ruta: Roteiro dos Petroglifos do Monte Tetón

 

Data de realización: 19 de abril de 2020
Nome da ruta: Trilho do Vale das Donas

 

Data de realización: 23 de maio de 2020
Nome da ruta: Roteiro das Pesqueiras

 

Data de realización: 27 de xuño de 2020
Nome da ruta: Rota nocturna Monte do Cervo-Niño do Corvo

 

Data de realización: 25 de xullo de 2020
Nome da ruta: Espazo en Forma (Conversas na Natureza)

 

Data de realización: 20 de setembro de 2020
Nome da ruta: Rota dos Fortes da Guerra de Restauração

 

Data de realización: 18 de outubro de 2020
Nome da ruta: Rota da Amizade Cerveira-Tominho

 

Data de realización: 22 de novembro de 2020
Nome da ruta: Trilho de Loivo

 

Máis información sobre a proposta

As Rotas Minho / Roteiros Miño, musica

Máis información

Votación

AVISO – Pedimos a os veciños de Vila Nova de Cerveira que voten a través do fomulario da versión portuguesa, premer no botón “Portugués” enriba de todo a dereita.

Moitas grazas.

Os teus votos foron enviados correctamente.

Grazas por participar!!

Proxecto: “Axenda Estratéxica de Cooperación Trasfronteiriza Cerveira-Tomiño”

cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.