OPT2023 – Música Nova

Música Nova foi un dos dous proxectos elexidos pola mocidade de Cerveira e Tomiño nas votacións do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2023.

 

O seu obxectivo é promover actividades musicais conxuntas, procurando a divulgación da tradición e a aprendizaxe de novos estilos musicais.

 

Chegou o momento de desfrutalo!

 

Se tes entre 12 e 30 anos, inscríbete!

 

Imos organizar Talleres/Workshops en educación en valores a través da música e de capacitación para carreira profesional na música; miniconcertos de rúa e ensaios con músicas diversas; e preparar, coa túa axuda, un concerto/espectáculo final no Auditorio de Goián. Terás tamén a oportunidade de conversar con músicos profesionais. Os responsables son músicos con experiencia na organización de eventos como a Escola do Rock Paredes de Coura, o Space Festival, Festival e Ciclo de Polinização Musical de Paredes de Coura.

 

Non é imprescindible ter coñecementos musicais. Escolle tantas actividades como che interesen e ven compartir o teu gusto pola música.

 

As actividades decorrerán entre o 22 de abril e o 10 de junio en diversas localizacións de Cerveira e Tomiño. Como algunhas actividades teñen prazas limitadas, cando finalice a inscrición enviarémoste a confirmación dos horarios e actividades nas que podes participar. Garantímoste praza nalgunha delas.

 

OS DESPRAZAMENTOS ATÉ O LOCAL DE ENSAIO OU ACTIVIDADE SON POR CONTA DA MOCIDADE PARTICIPANTE.

 

PARA OS MENORES DE IDADE É OBRIGATORIA A AUTORIZACIÓN DO PAI, NAI OU TITOR LEGAL PARA A SÚA PARTICIPACIÓN E APARICIÓN EN IMAXES GRÁFICAS DE DIVULGACIÓN.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN:

Proxecto: “Axenda Estratéxica de Cooperación Trasfronteiriza Cerveira-Tomiño”

cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.