Obxectivos xerais: 1- Facer realidade un intercambio cultural educativo entre as dúas marxes do Miño no eido da Formación Musical. 2- Acadar o achegamento entre profesionais docentes da música e alumnado pertencente ás dúas Escolas de Música existentes nos dous concellos veciños: Escola de Música de Goián (Tomiño) e Academia de Música Fernandes Fão (Vila Nova de Cerveira). 3- Abrir un camiño que permita a comunicación que xere fluxos reais entre profesorado e alumnado de ambas escolas en ambas direccións rompendo fronteiras psicolóxicas. 4- Fomentar as interrelaccións en tódolos niveis do mundo da música, entre directores, compositores, profesorado, intérpretes, alumnos e músicos en xeral, de ambas marxes, xerando sinerxías que se traduzan en vantaxes reais colectivas sen fronteiras. 5- Facer unha posta en común do patrimonio musical da cultura lusa e galega tanto de raíz mais tradicional como das novas creacións contemporáneas. Obxectivos concretos: 1- Determinar un repertorio musical mesturando o acervo musical galego e luso, explorando tanto no eido da música tradicional como na visión mais actual da composición contemporánea. 2- Poñer en marcha os ensaios individuais nas respectivas escolas de cada director artístico co seu alumnado para o traballo do repertorio elixido. - Pedro Villarroel González co alumnado integrante tanto da Banda Xuvenil como da “Agrupación Musical de Goián” na Escola de Música de Goián (Auditorio de Goián). - Gaspar André Fernandes Pereira co alumnado de Música do Agrupamento de Escolas do Polo da Academia de Música Fernandes Fão de Vila Nova de Cerveira. 3- Organizar un “Encontro de CONVIVENCIA Musical” mesturando as dúas escolas en varias xornadas tanto para ensaios colectivos do repertorio común como para a realización doutras actividades complementarias de convivencia e de aprendizaxe musical. 4- Dar a coñecer os resultados musicais na sociedade luso-galega da nosa contorna. Materializarase, finalmente, no que denominaremos Concertos da “Banda da Amizade” xerada para dito proxecto nas dúas localidades en ambas marxes do Miño dos concellos participantes: - Concerto da Amizade en Goián (Tomiño) - Concerto da Amizade en Vila Nova de Cerveira. |