Aberto o período de propostas para o Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño

Seguindo co compromiso de ambos concellos a prol dun territorio común sustentable, a Eurocidade Cerveira-Tomiño laza a cuarta edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo

As propostas con interese compartido poden ser presentadas ata o 31 de outubro. Todo o proceso está disponible aquí

Dotado con 20.000 euros, o Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño é unha das prioridades da Eurocidade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas beiras do río Miño.

As tres edicións anteriores corroboran a excelente dinámica das poboacións de ambos os dous concellos veciños en aproveitar o intercambio e colaboración existente noutras áreas de interese común, a través da realización de accións e actividades con implicacións positivas na melloría da calidade de vida.

Desta forma, a partir deste martes 10 de setembro, está aberto o proceso para a presentación de propostas ao OPT Cerveira-Tomiño 2020, unha fase de recepción de iniciativas que se prolongará ata o vindeiro 31 de outubro. Poden participar personas individuais ou colectivas con domicilio social ou fiscal en Vila Nova de Cerveira ou Tomiño, debendo cada proposta ter un propoñente de cada concello. Haberá dous proxectos vencedores, dotados con 10.000 euros cada un, polo que no período de votación a poboación deberá seleccionar obrigatoriamente dous proxectos.

Todo o proceso de candidatura e votación pode seguirse a través da páxina web.

O OPT é un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza, a través de fondos FEDER da Unión Europea. A Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño promove igualmente iniciativas como a valedora transfronteiriza e accións para facilitar o uso compartido de servizos e a dinamización económica do territorio.



Proxecto: “Axenda Estratéxica de Cooperación Trasfronteiriza Cerveira-Tomiño”

cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.