Le os detalles das propostas que atoparás a continuación para decidir cales che gustan máis.
Selecciona unha proposta en función das túas preferencias, gustos, intereses… As dúas máis votadas serán as que se levarán a cabo.
Facilita os datos requeridos no formulario de votación, co fin de que podamos validar o teu voto.
Xa está. Preme “Enviar”. Un equipo técnico revisará se os teus datos cumpren cos requisitos de participación e validarán o teu voto.
11. Cidades e Comunidades sustentábeis
4. Educación de calidade
11.4 Redobrar os esforzos para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo.
11.7 De aquí a 2030, proporcionar acceso universal a zonas verdes e espazos públicos seguros, inclusivos e accesíbeis, en particular para as mulleres, os nenos e as nenas, as persoas de idade e as persoas con discapacidade.
11.a Apoiar os vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre as zonas urbanas, periurbanas e rurais fortalecendo a planificación do desenvolvemento nacional e rexional.
4.7 De aquí a 2030, asegurar que todo o alumnado adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento sostible, entre outras cousas, mediante a educación para o desenvolvemento sostible e os estilos de vida sostibles, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz e non violencia, a cidadanía mundial e a valoración da diversidade cultural e a contribución da cultura ao desenvolvemento sostible.
Mozos e mozas da Eurocidade entre os 12 e os 25 anos.
– Promover a implicación da mocidade da Eurocidade en actividades musicais conxuntas, procurando a divulgación da tradición e a aprendizaxe de novos estilos musicais.
– Educar en valores e habilidades sociais a través da música.
– Promocionar o espazo público para a divulgación e o intercambio cultural e xeracional.
– Workshops formativos en educación en valores a través da música.
– Ensaios de grupos musicais improvisados.
– Miniconcertos e actuacións de rúa.
De marzo a outubro de 2023.
13. Acción polo clima
15. Vida ecosistemas terrestres
6. Auga limpa e saneamento
13.3 Mellorar a educación, aumentar a concienciación e a capacidade humana e institucional sobre medidas de mitigación, adaptación, redución de impacto e alerta precoz en relación ás alteracións climáticas.
15.1 Para 2030, velar pola conservación, o restablecemento e o uso sostible dos ecosistemas terrestres e os ecosistemas interiores de auga doce e os servizos que proporcionan, en particular os bosques, os humidais, as montañas e as zonas áridas, en consonancia coas obrigas contraídas en virtude de acordos internacionais.
6.3 De aquí a 2030, mellorar a calidade da auga reducindo a contaminación, eliminando o verquido e minimizando a emisión de produtos químicos e materiais perigosos, reducindo á metade a porcentaxe de augas residuais sen tratar e aumentando considerablemente a reciclaxe e a reutilización sen riscos a nivel mundial.
6.5 De aquí a 2030, implementar a xestión integrada dos recursos hídricos a todos os niveis, mesmo mediante a cooperación transfronteiriza, segundo proceda.
6.6 De aquí a 2030, protexer e restablecer os ecosistemas relacionados coa auga, incluídos os bosques, as montañas, os humidais, os ríos, os acuíferos e os lagos.
6.b Apoiar e fortalecer a participación das comunidades locais na mellora da xestión da auga e o saneamento.
Mozos e mozas da Eurocidade entre os 12 e os 25 anos
– Capacitar á mocidade da Eurocidade para o activismo cívico a prol do medioambiente.
– Desenvolver campañas de sensibilización medioambiental entre a poboación.
– Workshops formativos en habilidades de comunicación (uso de redes sociais; comunicación audiovisual;…) e planificación de actividades.
– Campañas de sensibilización entre a terceira idade e a poboación ativa.
– Campañas e actividades de sensibilización escolar.
– Encontros/Debates.
– Acto de intercambio con campañas internacionais en contra do cambio climático (Greenpeace; «Skolstrejk för klimatet» («Greve escolar pelo clima»);…
De marzo a novembro de 2023.
3. Saúde de calidade
– Até 2030, reducir nun terzo a mortalidade prematura por doenzas non transmisíbeis via prevención e tratamento, e promover a saúde mental e o benestar.
– Reforzar a prevención e o tratamento do abuso de substancias, incluindo o abuso de drogas e o uso nocivo do alcohol.
Mozos e mozas da Eurocidade entre os 12 e os 25 anos
Promover a implicación da mocidade en actividades deportivas e de lecer.
Inspirado na idea de Charles de Gaulle, que en 1965 criou a 1ª edición dos Xogos Sen Fronteiras, o grupo implicado na preparación da Axenda para a Mocidade Eurocidade Cerveira-Tomiño 2030, propón a organización da 1ª edición de xogos, a realizar en 2023.
O obxectivo é fomentar a amizade, a partilla, a unión e a solidariedade entre os mozos e mozas dos dous concellos, através de actividades baseadas en xogos tradicionais e/ou probas típicas dos xogos sen fronteira UE, adaptadas aos recursos e deportes máis actuais, como o paintball, slide, insuflábeis, etc.
A adaptación dos xogos farase coa participación de mozos e mozas, divididos por grupos de traballo.
– Xogo do Mata, Exemplo: con recurso ao paintball.
– Carreira de sacos.
– Bilha.
– Xogo da Corda.
– Malla.
– Xogo de Cadeiras.
– Xogo da ponte.
– Peddy paper / Orientación.
– Slide, escalada, escorrega com auga, Boia pólo.
– Billarda.
A realizar entre abril e setembro 2023.
O evento deberá ser desdobrado en 2 días diferentes para permitir xogos nos dous concellos, sen necesidade de obter autorizacións para mobilidade de menores.
13. Acción Climática
15. Vida de Ecosistemas Terrestres
13.3 Mellorar a educación, aumentar a concienciación e a capacidade humana e institucional sobre medidas de mitigación, adaptación, redución de impacto e alerta precoz en relación ás alteracións climáticas.
15.8 Até 2030, implementar medidas para evitar a introdución e reducir significativamente o impacto de especies exóticas invasoras nos ecosistemas terrestres e acuáticos, e controlar ou erradicar as especies prioritarias.
Mozos e mozas da Eurocidade entre os 12 e os 25 anos.
Desenvolvimento e promoción de accións de intervención pola defensa dos recursos naturais e da biodiversidade.
– Workshops de reutilización de resíduos cotiás.
– Workshops de utilización de recursos naturais locais na produción de produtos (exemplo sabonetes, deterxentes, velas, etc).
– Accións de reflorestación das ribeiras.
– Programa anual de limpeza das marxes, artellados entre os dous concellos e entre freguesias e parroquias.
– Accións de capacitación sobre fauna fluvial (aves, mamíferos peixes e anfíbios) e flora autóctona e de ribeira.
– Intervención artística em colaboración con entidades culturais do territorio.
– Exposición de fotografia/vídeos (aves migratorias; flora).
– Herbario individual.
– Ciencia Cidadá – Plataforma de xeorreferenciación de invasoras.
De marzo a novembro de 2023.
A votación das propostas efectuarase do seguinte xeito: