Ponte da Amizade

A execución dos proxectos vencedores do OPT realizarase en 2021 e cancélase a edición deste ano

Diante do actual contexto de pandemia Covid-19, o Comité de Xestión Estratéxica (CGE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño decidiu, esta semana, cancelar a próxima edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) Cerveira-Tomiño, e prorrogar para 2021 a execución dos proxectos vencedores do ano pasado. Durante a reunión, que se realizou por videoconferência, tamén ficou definido non existiren condicións para a realización de eventos conxuntos como o Tríatlon da Amizade e o Festival Infantil “Aventura na Terra da Amizade”.

Tras a decisión do CGE, foron contactadas as entidades que presentaron os proxectos vencedores á IV edición do OPT Cerveira-Tomiño, coa intención de informar e de revisar os procedementos para que a execución aconteza en 2021. As poboacións de Cerveira e Tomiño elixiron dous proxectos que apostan polo concepto de vida saudable, nomeadamente “As Rutas Miño/Guións Miño”, sometido polo Club Celtas do Miño (Vila Nova de Cerveira) e por Carlos Xabier Oliveira Ortega (Tomiño), e cuxo obxectivo principal é dar a coñecer a paisaxe, cultura, patrimonio e ambiente a través de camiñadas interpretativas e conversas na natureza entre os dous concellos; e o “Pensar o corpo, mover a mente”, que ten como propósito incentivar as poboacións a practicar deporte, valorizando a saúde física e mental a través de experiencias saudables, nunha colaboración entre o Citius Fit (Vila Nova de Cerveira) e a Asociación Sociocultural Senraia (Tomiño).

Incerteza

Presentado no inicio deste ano, o Plano de Actividades da Eurocidade Cerveira-Tomiño para 2020 primaba pola dinamización da economía local, a potenciación da participación pública, a melloría no acceso aos servizos partillados e a organización de eventos conxuntos, a través da concreción de proxectos que promoven o envolvemento das poboacións polo impacto o seu día a día.

A incerteza xerada por esta crise sanitaria mundial leva os municipios veciños a reorientar a dinámica delineada para 2020 no formato previsto, manténdose os contactos online entre os alcaldes, os equipos técnicos e as provedoras transfronteirizas para avaliar a posibilidade dunha aposta pola vertente virtual, así como a situación actual e futura no contexto da Eurocidade Cerveira-Tomiño.



Proxecto: “Axenda Estratéxica de Cooperación Trasfronteiriza Cerveira-Tomiño”

cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.