a

Que é o OPT

É un proxecto pioneiro na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal que busca implicar á poboación de Cerveira e Tomiño na formulación de solucións para necesidades comúns.

a

As persoas deciden

A poboación de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño deciden de xeito directo que accións se financian mediante un proceso participativo e votación popular.

a

Votacións seguras

Un sistema que garante e valida cada un dos votos, evitando votacións reiterativas ou fraude.

a

Quen pode votar

Poden votar as persoas de Cerveira e Tomiño, con idade igual ou superior a 18 anos e que estean empadroados nalgún dos dous concellos.

O Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT)

Porque a actividade política só ten sentido como proxecto colectivo ao servizo do ben comun, os concellos de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño deciden apostar por un mecanismo de participación cidadá a favor da consolidación do intercambio existente entre os dous concellos e da constante mellora da calidade de vida da súa poboación.

Así surxe o Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) Cerveira-Tomiño 2017, un proxecto pioneiro na Eurorexión Galicia – Norte de Portugal, que busca implicar á poboación dos dous concellos veciños na formulación de solucións para necesidades comuns.

Coñece as propostas e vota pola que queres que se faga realidade

Participar é doado. Hai tres categorías: Cultura, Educación e Social, e cada unha ten dous posibles proxectos. Vota polo proxecto que máis te interese en cada categoría.

Proxecto: “Axenda Estratéxica de Cooperación Trasfronteiriza Cerveira-Tomiño”

cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.