Propostas 2023

Propostas aceptadas OPT 2023

Someteranse a votación catro proxectos, elaborados no ámbito do processo de participación pública denominado “Axenda para a Mocidade Eurocidade Cerveira Tomiño”, son os seguintes:

MÚSICA NOVA

ODS

11. Cidades e Comunidades sustentábeis

4. Educación de calidade

 

Metas

11.4 Redobrar os esforzos para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo.

11.7 De aquí a 2030, proporcionar acceso universal a zonas verdes e espazos públicos seguros, inclusivos e accesíbeis, en particular para as mulleres, os nenos e as nenas, as persoas de idade e as persoas con discapacidade.

11.a Apoiar os vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre as zonas urbanas, periurbanas e rurais fortalecendo a planificación do desenvolvemento nacional e rexional.

4.7 De aquí a 2030, asegurar que todo o alumnado adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento sostible, entre outras cousas, mediante a educación para o desenvolvemento sostible e os estilos de vida sostibles, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz e non violencia, a cidadanía mundial e a valoración da diversidade cultural e a contribución da cultura ao desenvolvemento sostible.

 

Público-obxectivo

Mozos e mozas da Eurocidade entre os 12 e os 25 anos.

 

Descrición/Obxectivos

– Promover a implicación da mocidade da Eurocidade en actividades musicais conxuntas, procurando a divulgación da tradición e a aprendizaxe de novos estilos musicais.

– Educar en valores e habilidades sociais a través da música.

– Promocionar o espazo público para a divulgación e o intercambio cultural e xeracional.

 

Accións

– Workshops formativos en educación en valores a través da música.

– Ensaios de grupos musicais improvisados.

– Miniconcertos e actuacións de rúa.

 

Datas

De marzo a outubro de 2023.

EUROCIDADE POLO CLIMA

ODS

13. Acción polo clima

15. Vida ecosistemas terrestres

6. Auga limpa e saneamento

 

Metas

13.3 Mellorar a educación, aumentar a concienciación e a capacidade humana e institucional sobre medidas de mitigación, adaptación, redución de impacto e alerta precoz en relación ás alteracións climáticas.

15.1 Para 2030, velar pola conservación, o restablecemento e o uso sostible dos ecosistemas terrestres e os ecosistemas interiores de auga doce e os servizos que proporcionan, en particular os bosques, os humidais, as montañas e as zonas áridas, en consonancia coas obrigas contraídas en virtude de acordos internacionais.

6.3  De aquí a 2030, mellorar a calidade da auga reducindo a contaminación, eliminando o verquido e minimizando a emisión de produtos químicos e materiais perigosos, reducindo á metade a porcentaxe de augas residuais sen tratar e aumentando considerablemente a reciclaxe e a reutilización sen riscos a nivel mundial.

6.5  De aquí a 2030, implementar a xestión integrada dos recursos hídricos a todos os niveis, mesmo mediante a cooperación transfronteiriza, segundo proceda.

6.6  De aquí a 2030, protexer e restablecer os ecosistemas relacionados coa auga, incluídos os bosques, as montañas, os humidais, os ríos, os acuíferos e os lagos.

6.b  Apoiar e fortalecer a participación das comunidades locais na mellora da xestión da auga e o saneamento.

 

Público-obxectivo

Mozos e mozas da Eurocidade entre os 12 e os 25 anos

 

Descrición/Obxectivos

– Capacitar á mocidade da Eurocidade para o activismo cívico a prol do medioambiente.

– Desenvolver campañas de sensibilización medioambiental entre a poboación.

 

Accións

– Workshops formativos en habilidades de comunicación (uso de redes sociais;  comunicación audiovisual;…) e planificación de actividades.

– Campañas de sensibilización entre a terceira idade e a poboación ativa.

– Campañas e actividades de sensibilización escolar.

– Encontros/Debates.

– Acto de intercambio con campañas internacionais en contra do cambio climático (Greenpeace; «Skolstrejk för klimatet» («Greve escolar pelo clima»);…

 

Datas

De marzo a novembro de 2023.

XOGOS EUROCIDADE

ODS

3. Saúde de calidade

 

Metas

– Até 2030, reducir nun terzo a mortalidade prematura por doenzas non transmisíbeis via prevención e tratamento, e promover a saúde mental e o benestar.

– Reforzar a prevención e o tratamento do abuso de substancias, incluindo o abuso de drogas e o uso nocivo do alcohol.

 

Público-obxectivo

Mozos e mozas da Eurocidade entre os 12 e os 25 anos

 

Descrición/Obxectivos

Promover a implicación da mocidade en actividades deportivas e de lecer.

Inspirado na idea de Charles de Gaulle, que en 1965 criou a 1ª edición dos Xogos Sen Fronteiras, o grupo implicado na preparación da Axenda para a Mocidade Eurocidade Cerveira-Tomiño 2030, propón a organización da 1ª edición de xogos, a realizar en 2023.

O obxectivo é fomentar a amizade, a partilla, a unión e a solidariedade entre os mozos e mozas dos dous concellos, através de actividades baseadas en xogos tradicionais e/ou probas típicas dos xogos sen fronteira UE, adaptadas aos recursos e deportes máis actuais, como o paintball, slide, insuflábeis, etc.

A adaptación dos xogos farase coa participación de mozos e mozas, divididos por grupos de traballo.

 

Accións

– Xogo do Mata, Exemplo: con recurso ao paintball.

– Carreira de sacos.

– Bilha.

– Xogo da Corda.

– Malla.

– Xogo de Cadeiras.

– Xogo da ponte.

– Peddy paper / Orientación.

– Slide, escalada, escorrega com auga, Boia pólo.

– Billarda.

 

Datas

A realizar entre abril e setembro 2023.

O evento deberá ser desdobrado en 2 días diferentes para permitir xogos nos dous concellos, sen necesidade de obter autorizacións para mobilidade de menores.

YOUTH4CLIMA

ODS

13. Acción Climática
15. Vida de Ecosistemas Terrestres

 

Metas

13.3 Mellorar a educación, aumentar a concienciación e a capacidade humana e institucional sobre medidas de mitigación, adaptación, redución de impacto e alerta precoz en relación ás alteracións climáticas.

15.8 Até 2030, implementar medidas para evitar a introdución e reducir significativamente o impacto de especies exóticas invasoras nos ecosistemas terrestres e acuáticos, e controlar ou erradicar as especies prioritarias.

 

Público-obxectivo

Mozos e mozas da Eurocidade entre os 12 e os 25 anos.

 

Descrición/Obxectivos

Desenvolvimento e promoción de accións de intervención pola defensa dos recursos naturais e da biodiversidade.

 

Accións

– Workshops de reutilización de resíduos cotiás.

– Workshops de utilización de recursos naturais locais na produción de produtos (exemplo sabonetes, deterxentes, velas, etc).

– Accións de reflorestación das ribeiras.

– Programa anual de limpeza das marxes, artellados entre os dous concellos e entre freguesias e parroquias.

– Accións de capacitación sobre fauna fluvial (aves, mamíferos peixes e anfíbios) e flora autóctona e de ribeira.

– Intervención artística em colaboración con entidades culturais do territorio.

– Exposición de fotografia/vídeos (aves migratorias; flora).

– Herbario individual.

– Ciencia Cidadá – Plataforma de xeorreferenciación de invasoras.

 

Datas

De marzo a novembro de 2023.

Normas para a presentación de propostas

 

1. O proceso de OPT Eurocidade Cerveira-Tomiño está aberto á participación de persoas singulares e/ou colectivos, públicos ou privados, con domicílio social ou fiscal en Vila Nova de Cerveira ou Tomiño.

2. Excepcionalmente, poderán participar entidades domiciliadas fóra destes concellos sempre que a súa área de intervención sexa considerada de interese público para a cidadanía de Vila Nova de Cerveira e Tomiño.

3. As propostas son obrigatoriamente presentadas conxuntamente por polo menos unha persoa/Entidade de cada concello.

4. Unha mesma persoa ou entidade só pode figurar como promotora dun único proxecto.

5. As propostas presentaranse exclusivamente a través do seguinte formulario.

6. As propostas poden ser acompañadas por fotografías e un vídeo promocional con duración máxima de 3 minutos.

 

Poderánse presentar porpostas dende o 10/9/19 ata o 07/11/19

 

 

 

Envío de propostas

Xa non se poden enviar propostas. Grazas pola súa participación.

Proxecto: “Axenda Estratéxica de Cooperación Trasfronteiriza Cerveira-Tomiño”

cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.