
27 Mar Convirtamos o OPT Cerveira-Tomiño na ‘Boa Práctica de Participación 2017’
Dende hoxe calquera cidadá pode participar na votación online do Premio de Boas Prácticas de Participación a través do portal www.portugalparticipa.pt.
Dun total de 19 proxectos presentados a nivel nacional en Portugal, o proceso do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) Cerveira-Tomiño integra o selecto lote de nomeados nesta fase final de votación.
Como votar?
Para poder exercer dereito a voto basta con rexistrarse na páxina www.portugalparticipa.pt (opción “Login” na esquina superior dereita da páxina).
Debe encher os datos solicitados e clicar en votación, na barra superior da páxina.
Cada persoa que se rexistre ten dereito a dar dous votos que deberán obrigatoriamente ser atribuidos a dúas prácticas diferentes. Se se outorga un so voto este non será considerado válido. O período de votación remata o vindeiro 22 de abril.