Impulsores
– Clube de Fitness de Cerveira (Associação sem fins lucrativos)
– Asociación Sociocultural Senraia
Obxectivos xerais
O proxecto PENSAR O CORPO. MOVER A MENTE resulta dunha colaboración entre o Citius Fit e a Asociación Sociocultural Senraia. Destínase a todas as idades e busca a dinamización deportiva, recreativa e sociocultural do municipio de Vila Nova de Cerveira e do municipio de Tomiño.
Ten como obxectivos xerais aproveitar as excelentes condicións naturais de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño, potenciar as deportivas e simultáneamente, incentivar á poboación para practicar deporte, valorizando a saúde física e mental, xerando interese na participación de actividades de interese artístico e cultural, fomentando os costumes e os valores locais, a cidadanía, como forma de mellorar a calidade de vida da poboación, independentemente da situación social e económica.
Este programa servirá como referente para quen pretenda practicar regularmente actividade física de forma agradable, e ao mesmo tempo ser un momento formativo importante no que concerne á saúde global de corpo e mente e unha aproximación a distintas a materias artísticas como parte integrante do benestar na comunidade.
Obxectivos específicos
– Seguir as orientacións da Unión Europea para a Actividade Física que identifican as recomendacións de accións máis relevantes para o combate ao sedentarismo.
– Promover a práctica de exercicio físico e combater o sedentarismo para a poboación cerveirense e de Tomiño.
– Redución do risco de doenzas relacionadas co sedentarismo: doenza cardiovascular e cardiopulmonar, hipertensión arterial, entre outros, tendo en conta as particularidades e necesidades específicas de cada grupo.
– Promoción de benestar mental.
– Promover a afección e gusto pola práctica de actividade física regular.
– Promover o divertimento, a cooperación e a axuda mutua.
– Levar á poboación máis moza a adquirir estilos de vida saudebles e activos, así coma a creatividade.
– Desenvolver actividades deportivas e artísticas, de inserción das persoas participantes na comunidade.
– Desenvolver o enriquecemento cívico dos/as participantes.
– Fomentar a convivencia entre participantes e profesores/as.
– Promover hábitos de traballo individual nun grupo.
– Promover a interacción, cada vez máis próxima, entre a poboación dos dous concellos.
– Vivenciar situacións que desenvolvan a apreciación de producións artísticas, facendo da expresión creativa parte integrante do día-a-día dos/as cidadáns.
– Desenvolver e espertar a sensibilidade artística.
– Experimentar situacións que posibiliten a ampliación da libre creatividade, da imaxinación, do sentido estético e da reflexión.
Obxectivos estratéxicos
– Programar unha fin de semana de actividades deportivas, artísticas e de lecer, dirixidas a facilitar a sociabilización entre os/as habitantes dos concellos de Cerveira e Tomiño, que sirva no futuro para sucesivas formas de colaboración.
– Promover a participación de todas as persoas que o desexen nas distintas formas de actividade, como workshops, masterclass, para nenos/as e en simultáneo para os/as adultos/as, favorecendo así a conciliación da vida persoal e familiar e facilitar o acceso das persoas maiores a experiencias saudables e creativas.
– Fomentar a valorización Eurocidade Tomiño-Cerveira, máis aló do seu concreto ámbito xeográfico.
– Todas as actividades se levarán a cabo en espazos habilitados en ambos concellos, de xeito que se procure o acceso a elas polas persoas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, continuando coa colaboración xa iniciada os últimos tempos e aproveitando as instalacións existentes que mellor se adapten a cada actividade.
Accións
1º Día
SÁBADO MAÑÁ
Público: nenos/as, mozos/as e adultos/as
– Workshop e masterclass BODY MIND (yoga reeducación postural, meditación, tai-chi, pilates, balancee, low pressure fitness, entre outros).
– Mesa redonda sobre Nutrición saudábel, nutrición deportiva e obesidade infantil.
– Workshop sobre alimentación saudábel: fomento dos produtos locais e de tempada como fórmula de mellorar a calidade de vida da poboación, tendo en conta a nosa riqueza natural.
– Workshop sobre nutrición e alimentación deportiva.
SÁBADO MEDIODÍA
– Xantar en común.
– Concerto con actuacións musicais e de danza.
SÁBADO TARDE
Público : nenos/as, mozos/as, adultos/as
– Workshop de Danza Contact Improvisación para adultos/as (a danza como ferramenta de coñecemento do propio corpo-diálogo en movemento).
– Workshop Full Baile para adultos/as (combinación de disciplinas como Karaté, Boxeo, Tae Kwon Do, Muay Thai, coreografias con música moderna).
– Workshop de danzas urbanas para nenos/as e adolescentes.
SÁBADO NOITE
– Concerto
2º Día
DOMIGO MAÑÁ
Público: nenos/as, mozos/as e adultos/as
– Workshop DEPORTE E SAÚDE PARA GRUPOS ESPECÍFICOS: actividade física na terceira idade, actividade física para embarazadas, entre outros.
– Mesa redonda e workshop para adultos/as: cociña e diversidade. Costumes e alternativas na cociña. Cociña e filosofía. Cociña e literatura…
– Masterclass de Danza e deporte para nenos/as e adolescentes.
DOMINGO TARDE
Público: nenos/as, mozos/as, adultos/as
– Mesa redonda sobre O QUE NOS UNE E O QUE NOS SEPARA. Conversa sobre a teima transfronteiriza Galiza- Portugal.
– Proxección dun filme documental/ ficción.
– Workshop/ masterclass de teatro/ música para nenos/as e adolescentes.
DOMINGO NOITE:
Público: nenos/as, mozos/as, adultos/as. Poboación en xeral
– Danza contemporánea entre as “dúas beiras”: espectáculo final na PONTE INTERNACIONAL.
CONSIDERACIÓNS:
1. Os/as participantes deberán inscribir aos seus equipos até día a designar, xunto da dirección do Citius Fit, por e-mail en @citiusfit@gmail.com ou @info@senraia.org.
2. Na inscrición deben constar: o nome dos participantes, data de nacemento, nº tarxeta cidadán de cada un e o contacto. Poderán obter esclarecementos a través dos e-mails devanditos.
3. As inscricións para menores de 18 anos deben cumprir os requisitos legalmente estabelecidos.
4. Os/as participantes deben traer roupa e calzado confortábeis, toalla de rostro, fonte de hidratación para os workshops de deporte e danza, e demais material necesario nos restantes.
5. Todo o exposto sen prexuízo e independentemente do cumprimento de todos os requisitos legais por parte da organización.
Datas
– Segundo trimestre do 2019 (unha fin de semana, a escoller no segundo trimestre do 2019, coa fin de aproveitar no posible os espazos naturais)