Fases OPT 2020

Divulgación

Recollida de propostas

Análise técnica

Período de Reclamacións ou Recurso

Votación

Presentación de Resultados

IMPORTANTE: Ampliación de prazo Amplíase o prazo de presentación de candidaturas OPT 2020 ata o día 7 de novembro de 2019.

Calendario

Comeza a fase de Divulgación: 10/09/19
Comeza a fase recollida de propostas: 10/09/19

Fase de divulgación

Remate de Recollida de propostas: 07/11/19

Fase de divulgación

Período de Análise técnica:  7 – 8/11/19
Período de Reclamacións: 8 – 11/11/19
Comezo das votacións: 15/11/19
Remata o período de divulgación: 30/11/19

Remate das votación: 15/12/19
Presentación dos resultados: 19/12/19

Setembro
Outubro
Novembro
Decembro

Setembro

Comeza a fase de Divulgación: 10/09/19

Comeza a recollida de propostas: 10/09/19

 

Outubro

Fase de divulgación

Remata a Recollida de propostas: 07/11/19

 

Novembro

Período de análise técnica: 7/11/19 – 8/11/19

Período de reclamacións: 8/11/19 – 11/11/19

Comezo do período de votacións: 15/11/19

Remata a fase de divulgación: 30/11/19

 

Decembro

Remata o período de Votacións: 15/12/19

Presentación dos resultados: 19/12/19

Participación

 

O proceso de OPT Eurocidade Cerveira-Tomiño está aberto á participación de persoas singulares e/ou colectivos, públicos ou privados, con domicílio social ou fiscal en Vila Nova de Cerveira ou Tomiño.

Excepcionalmente, poderán participar entidades domiciliadas fóra destes concellos sempre que a súa área de intervención sexa considerada de interese público para a cidadanía de Vila Nova de Cerveira e Tomiño.

Formas de participación

  1. A través da presencia nos workshops.
  2. A través da presentación de propostas vía internet na Plataforma Online do OPT.
  3. Na fase de recurso, con relación aos resultados presentados e tras a fase de análise técnica.
  4. Na votación dos proxectos.
  5. Na avaliación do proceso do OPT facendo chegar ao Secretariado Técnico da Eurocidade Cerveira-Tomiño as suas ideas e suxestións.

Presentación de propostas

  1. Poden presentar propostas as persoas/entidades propoñentes que cumpran os requisitos dispostos no apartado “Presentación”.
  2. As propostas son obrigatoriamente presentadas conxuntamente por polo menos unha persoa/Entidade de cada concello.
  3. Unha mesma persoa ou entidade só pode figurar como promotora dun único proxecto.
  4. As propostas presentaranse exclusivamente a través do formulario dispoñible na Plataforma Online do OPT.
  5. As propostas poden ser acompañadas por fotografías e un vídeo promocional con duración máxima de 3 minutos.

Criterios de escolla

Son consideradas elixibles as propostas que reúnan as seguintes condicións:

  1. Respecten o cadro de competencias e atribucións da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e do Concello de Tomiño.
  2. Sexan suficientemente específicas, concretas e delimitadas no territorio transfronteirizo de Vila Nova de Cerveira e Tomiño.
  3. Constitúan un investimento de interese transfronteirizo.
  4. Non superen os 12 meses de execución.
  5. Proxectos cun valor máximo de 10.000,00€.

Votación

Información importante sobre o período de votacións:

  1. A votación das propostas finalistas efetuarase a través da plataforma Online do OPT  (esta web)
    • Comezo – 00:00h hora Portugal / 01:00h hora galega do 15/11/2019
    • Fin – 23:00h hora Portugal / 24:00h hora galega do 15/12/2019
  2. Pode votar a cidadanía eleitora dos concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño.
  3. Cada participante debe votar obrigatoriamente dous proxectos.

Proxecto: “Axenda Estratéxica de Cooperación Trasfronteiriza Cerveira-Tomiño”

cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.